Sabado, 01 de agosto do 2009 Xa era hora! Por fin vos podo deixar o quinto capítulo (Capítulo 5), non estou seguro de con cal seguir, se con InuYasha ou Ackman. Estou pensando en continuar con Ackman ata rematar cos capítulos son só once e ben curtos.
Falando deste capítulo, fixen o troco para unha tradución correcta, xa non vades ver máis InuIasha. Ademáis deume por centrar os comentarios e marcar algúns bocadillos que foron borrados na tradución anterior. Para rematar por hoxe, vouvos deixar un anaco do libro "Conte et légendes des pays celtes" de Jean Markale na súa tradución ao galego feita por Editorial ToxoSoutos.
"Así ocorre en Galicia, promontorio da península Ibérica metido moi alá no oeste e das que os veciños marítimos máis próximos son os Bretóns e os Irlandeses, no outro lado do golfo de Gascuña. Os Galegos poida que sexan Españois, no censo amplo do termo, pero certamente de Casteláns nada de nada. A súa lingua, que é incontestablemente romance, está cargada de particularismos que fan dela un idioma á parte, e o nome que se lle dá a esta lingua é revelador: o galego non é outra cousacó "galo", gargadas, evidentemente, tódalas proporcións. E se ben Galicia non é un país celtófono, é sen embargo rica nunha tradición oral que nada tén que ver coa de España.
Pola contra, as semellanzas coa Irlanda e coa Bretaña armoricana son evidentes. País de relixión católica romana, Galicia trata os temas célticos con tanta facilidade e de maneira tan feliz coma os outros dous países celtas mergullados na mesma dominante católica: a sombra do apóstolo Santiago, o corpo do cal chegou a Galicia, dísenos, nun sepulcro de pedra flotando sobre as augas, non deixa de ter semellanza coa sombra de, todos eses santos irlandeses que abordaron as costas bretonas en pías de pedra. As noites galegas están poboadas de tantos fantasmas coma as noites irlandesas ou bretonas, e a bruxa ("meiga") dos Galegos equivale á bannshee ("a muller dos outeiros") dos Gaeis e a "groac´h" ("meiga", palabra por palabra, "marimacho")
que obsesiona a imaxinación dos bretóns armoricano. E, como en Bretaña, por ben que un desconfíe do demo, non por iso se deixa de xogarlle malas pasadas. Hai aí unha importante comunidade de orixe, e esta non pode ser posta en dúbida."
Xoves, quinta feira, 23 de Xullo do 2009 Bueno, como veredes a cousa está pausada, ando moi liado e non me queda tempo para traducir. A verdade e que me queda moi pouco para subir o quinto capítulo de Inuyasha pero haber... sorte que puiden sacar un tempo para informarvos de como ía a cousa, xa estaba canso de ver o carteliño de XUÑO 2009, parecía que xa non ía continuar, pois si penso en continuar pero máis amodo, si aínda máis.
Do capítulo de Inuyasha debenme quedar unhas dez páxinas, pero non é tan doado de andar traducindo cunha beba de seis meses no colo que anda a querer agarrar o rato e a meter as mans no teclado, iso cando me deixa sentarme dous minutos, XD.
O que si vos deixo agora é un video que vin na páxina doutra fansub, da cal non me lembro do nome, e que impresionoume realmente, a xente que fixo isto si que ten tempo e moito arte.
Que é FanSubGaliza? FansubGaliza é unha comunidade que leva dende febreiro do 2009 traducindo mangas ao galego e poñendoos á vosa disposición. Non é a nosa intención quitar clientela ás editoriais que se dignan a traducir manga ao galego así que se sabes que estamos a traducir o mesmo manga rogamoste que nolo fagas saber.
Últimas novas
17/12/09 Listo o capítulo 6 de Go Go Ackman.
11/12/09 Estou a mudar o deseño da páxina para que sexa máis ameno á vista. Espero que vos guste.